Prehistoria da China

O territorio que actualmente ocupa a República Popular da China estivo poboado dende hai miles de anos. Atopáronse restos de homínidos que constitúen os antepasados máis remotos do hombre e os inicios da historia China. De feito, para moitos expertos cada vez está máis claro que este puido ser un dos escenarios, xunto con África, onde xurdiu a civilización humana. Así o demostran os restos atopados pertencentes ao home de Renzidong, de hai máis de dous millóns de anos; o home de Yuanmou de hi un millón setecentos mil anos; o home de Nihewan de hai un millón cincocentos mil anos; o home de Lantian de hai uns seiscentos mil anos; o home de Nanjing de hai medio millón de anos ou o Homo erectus pekinensis, o máis coñecido de todos eles, xa que cando se descubriu en 1929 identificouse como o "elo perdido" da evolución humana.

Posteriormente xurdirían outras culturas, como o home de Dali, que viviu en Yunnan hai entre 230.000 e 180.000 anos; o home de Maba en Cantón; o home de Fujian de hai uns 200.000 anos ou o home de Dingcun, na provincia de Shanxi, de hai uns 100.000 anos.

Cultura de Longshan.

O Homo sapiens fixo a súa aparición hai uns 40.000 anos. O hombre da caverna superior, atopado en Zhoukoudian, viviu fai 18.000 anos e revela un grao de evolución de maior complexidade respecto a outras culturas do sur do país. Hai uns 10.000 anos comezouse a cultivar arroz no río Yangzi e pouco despois millo na provincia de Henan.

No VIII milenio a. C. as culturas da zona do val do río Amarelo fixéronse sedentarias. Un milenio despois comezaría a domesticación de animais. É o comezo do que actualmente coñecemos coma civilización chinesa, os primeiros vestixios da civilización han que acabaría asimilando en maior o menor medida as outras culturas xurdidas sur e oeste do país.

Entre o VII milenio a. C. e VI milenio a. C. xorden as primeiras civilizacións neolíticas, Peilikan e Cishan, precursoras da cultura de Yangshao, que se estendería polas actuais provincias de Gansu e Shaanxi, entre o V milenio a. C. e o III milenio a. C. Foi a primeira en abarcar unha grande área. Son característicos os seus obxectos en cerámica pintada, con inscricións que poderían ser o comezo dos caracteres chineses de escritura. Unha cultura semellante é a de majiayao, desenvolta en Gansu e Qinghai.


Developed by StudentB